We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Amigha

by Fununcan

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    CD do disco Amigha editado en sobre de cartón e fabricado na casa. Inclúe unhas chapiñas e pegatas de Fununcan.

    Includes unlimited streaming of Amigha via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 2 days
    Purchasable with gift card

      €10 EUR or more 

     

1.
Fume 04:36
Hai entre nós fume de máis Queimamos a voz, queimamos palabras Queimamos a cor e as vidas pasadas Se ti es o aire que entra en min Eu son o aire que entra en ti Onde vai que o fume vai e vén Afeito estou En min non busques nada máis Que a queixa que teño das demáis Vou a probar a tirarme ao chan A ser unha serpe lambendo no sal Quero volver a sentirme un can Fregarme de costas co que cheire máis Mesmo quero cantar E deixarme levar Só quero fuxir un anaco de min Quero sentirme lonxe Non, doado non é Estou perdido e seino ben (doado non é) Vexo sinais en todas partes (doado non é) E aquí me tes buscando que? (doado non é) Igual vai ser que traio algo (doado non é) Busco o barullo nun deserto (doado non é) Traio silencio e son cemento (doado non é) E quen escapa de si mesmo? (doado non é)
2.
Voute pisar 02:55
Non son quen de parar de dar voltas Non son quen de aguantarche o mirar Vés, vés mover os pés comigo Voute pisar E ao bailar na alfombra podo verche a pel Voume dando conta do grande que podes ser Dáme gana de correr De que vexas cantas formas podo ter Dáme gana Dáme gana de correr De que vexas cantas formas podo ter Dáme gana Ven a noite como presta ser Ninguén Vés, vés mover os pés comigo E eu voute pisar
3.
Fiódor 04:02
E se nese mundo futuro universalmente racional, un home de pinta innoble, retranqueiro e retrógrado, se erguese de súpeto, se plantara diante de nós e nos dixera a todos Bueno, señores, que lles parece botarmos abaixo o sentido común E mandar ao carallo os logaritmos eses? A ver, millóns de datos testemuñan que o home, con coñecemento de causa, sabendo plenamente cales son os seus propios intereses, pasou deles e foise a outra polo risco, pola sorte, sen obrigas, por non seguir o camiño sinalado, e probar e probar e probar e probar outro máis absurdo e cansado, agochado na sombra? Que sabe a razón? a razón só sabe o que chega a saber, e hai cousas que nunca vai saber, ou que? A natureza humana actúa sempre como un todo, con todo aquilo que leva en si, consciente e inconscientemente, e inda que bota por fóra, malia todo, vive Estou case segura ninguén vai renunciar a sufrir
4.
Miña amigha 05:07
Miña amiga, onde estás? Onde andades as que non sabedes odiar Miña amiga, chama por min Prometo aprender a non pisar a ninguén E a matar e a morrer Miña amiga tamén Prometo aprender a mirar Como mira o mar E ti dime que fas para deixar atrás Todo este engano que levo colgado E ti dime que fas para deixar atrás Todo este engano que levo colgado Ensíname a mirar como mira o mar Ensíname a mirar Miña amiga Aprendín a facer nos enganos Aprendín a levalos colgados
5.
Xa o rego é fondo abondo, Non deixa entrar o luar E se o luar non entra, Como poden namorar? Aínda lembran a luz E vanse deitar ao chegar a mañá E apañan a froita caída no chan Un labirinto de riba de si Non poden chegar e non poden saír Máquinas e ruído Seres a berrar Seres a berrar, Como nos van oír cantar? Xa non precisan nosa para bailar Xa non precisan nosa para cantar E vanse deitar ao chegar a mañá E apañan a froita caída no chan Un labirinto de riba de si Non poden chegar e non poden saír E perderon as ganas todas de achegarse a nós Maxinan nun mundo novo, non collemos nós os dous Xa o pintaron todo, xa anduveron nos caixóns Moito tarda mamá En mandalos parar Que se vaian deitar ao chegar a mañá Que apañen a froita caída no chan E porlles un labirinto de riba de si Que non poidan chegar e non poidan saír
6.
Fumos da man Á beira do mar Dixécheme, a ver Ti cres que esta area ten queixa de nós por estarmos aquí? Cres que esta area ten morriña da rocha que agora non é? Ou cres que esta area ten envexa das súas iguais que seguen en pé? Eu dixen non sei E se dalgo estou seguro é de que nunca o vou saber Dubido de min, Dubido de ti Non dubido da rocha, nin da area, nin do mar Fumos da man Á beira do mar Dixécheme, a ver Daquela ti cres que o mar escolle o lugar onde quere bater? Daquela ti cres que o mar vai derrubar o que precisa caer? Daquela ti pensas no mar como un xeito perfecto e fermoso de ser? Eu dixen pode ser E se dalgo estou seguro é de que nunca o vou saber Dubido de Dubido de ti Non dubido da rocha, nin da area, nin do mar
7.
E se canta o corvo, e non había cantare eu E se morre a noite, e non había morrere eu E se o trebón acouga, e non había acougare eu E se o chan acorda, e non había acordare eu Quen son E se o sol quenta todo, e non me había quentare a min? E se o sol quenta todo, e non me había quentare a min? Ai, que frío vai Ha de ser todo ese saber que levo dentro Ha de ser vento batendo en si mesmo Ha de ser todo ese saber que levo dentro Un cinto de pedra amarrado en si mesmo Ha de ser todo ese saber que levo dentro Pel para quentar unha árbore morta Pel para quentar unha árbore morta E se canta o corvo, e non había cantare eu E se morre a noite, e non había morrere eu E se o trebón acouga, por que non son quen a acougare eu E se o chan acorda, por que non son quen a acordare eu Pel para quentar unha árbore morta Pel para quentar unha árbore morta E se canta o corvo, e non había cantare eu E se gaña a morte, e non había cantare eu E se o chan non acorda, e non había cantare eu E se o trebón non acouga, e non había cantare eu E non había cantare eu, non había cantare E non había cantare eu, non había cantare E non había cantare eu, non había cantare
8.
Rotación 03:31
Estou flotando nunha piscina de brea Boca arriba Fago a morta O corpo ofrecido ao futuro Aberto, disposto, entregado a cada vértice Sobre min, só azul Maréome Concéntrome en presentir a corrente Que me leve a bater con algo Mais só percibo unha suave rotación E que o negrume empeza a entrarme nos oídos
9.
A noite está morrendo Nen terra nen raíces teño xa no peito Nada vai medrar en min Teño un mapa feito Para lembarme de onde veño Tempo hai que non entendo nada do que teño posto aí Un recordo teño claro Cada día florecía Unha árbore morta Vou Dime que ves saír agora do meu corpo Dime que ves na cara dese monstro que está a bailar na alfombra Ese monstro que se envolve na súa sombra Ese monstro é quen de aguantarlle o mirar ao sol Ese monstro é quen de empurrar o tempo atrás Eu tamén quero un atallo para ir cantar ao teu lado Chega un novo día E agora xa non podo desandar o andado E todo está pechado para min E nunca teño claro De que lado estou varado Non distingo nada ben odio e fe A noite xa vai vindo Xa agromou o amor no odio Xa o rancor florece na fe Nada, nada vai medrar en min
10.
Erga a cabeza e deixe de mirar os pés Que máis ten onde os ten? Logo se ha de marear Erga a cabeza e deixe de mirar os pés Que máis ten onde os ten? Non ve que está quedando atrás? Debería morrer Ninguén quere o seu saber E mire que levaba unha partida exemplar Non vaia estragala xusto agora ao final Non, Máis amodo non vai Xa o debería saber, ou non lembra vostede o que gustaba de correr? Sempre foi o mellor en non agardar por ninguén Así que non, agora non pare, non chore Non, Máis amodo non vai ir

about

Gravado na lareira de Chamuín en 2021.

Fununcan son Pi e Xan. Álex da Carreira colaborou cantando en 'As árbores cantan, as mortas tamén'. Dostoievski achegou a letra de 'Fiódor'.

credits

released January 20, 2022

license

tags

about

Fununcan A Coruña, Spain

Repinaldos sonoros desde Chamuín

contact / help

Contact Fununcan

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this album or account

If you like Fununcan, you may also like: