We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Fununcan 2015

by Fununcan

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Vén sendo o mesmo conto outra vez Aquí volvo a ver se poño todo do revés Veño con lume nas mans E vexo e recoñezo cada paso dos que dou E sei que están de acordo un lobo e un dragón Que empurran e debuxan na mesma dirección Para ver se quito todo canto teño por riba de min E que non haxa nada máis Que o lume que levo das mans ao pelexo Queimar e arrincar o que teño no peito Preciso sacalo de aí
2.
Ser quen de contra o vento xogar E voar para do meu sitio nunca marchar Ser quen de calquera lume aturar Ser unha lousa de pedra que está a rachar E ser quen de no silencio bailar Ser quen de contra o vento xogar Ser quen de calquera lume aturar E ser quen de no silencio berrar Se son áncora para as palabras, serei a sombra dalgún lugar Se son o aire que empurra nelas, serei un raio de luz lunar Se son o espazo entre as miradas, de trono a lóstrego hei camiñar E se nos ollos non busco nada, nada máis serei que o medo que encolle a un can
3.
Dálle á area ás Pon todo a voar E vén moer as nubes Éncheo de metal Funde ceo e mar Xa está a berrar a lúa Non colle o medo en min Sempre presta ben Saber o que un non é E sentirse pequeno Agárrame da man Limpa en min o mal E lévame moi lonxe Non colle o medo en min Vide canda min En vez de fuxir Sentade a escoitar O que ten que dicir Sobre ti e sobre min
4.
Oso polar 03:18
Non preciso de nada máis que non sexa dun sitio onde poñer os pés
5.
E se erguer o telón é o remate E se a falta de acción é a vontade De toda función E se a auga xa non chega ao chan E se o mar non se deixa tocar E se voan os ríos por riba de nós E se a atracción da terra por todo é a nosa prisión E se ningún ser agora dubida, e se todos trocan medo e curiosidade Polo desprezo e máis polo odio, que lonxe ha quedar a gana de cantar Quedaron sen son todas as palabras e tampouco hai onde as escribir Quedamos sen xogo os xogadores, xa non hai perdón para ningún de nós Somentes os cans achéganse a ollar Para ulir un pasado ao que nunca voltar Mais non traen as crianzas Ningún ser agás nós Gusta de achegar os cativos á dor
6.
Veu o frío Non entendo como aínda segues aquí Nin o que queres de min Nin que é o que bailas entre as mans Un inimigo iso é o que sempre fuche ti para min mais agora xa non te vexo así mesmo gusto de voarmos os dous É sentir que o camiño dalgún dos dous está a piques de rematar É a calma que chega despois de se alporizar É o pousarse dun río no mar É comezar a amar É cando un tenta ser ninguén
7.
Se pecho os ollos escoito o cabelo medrar Entorno a cabeza e sinto as flores baixar Árdenme os ósos no fondo da gorxa ao falar Aínda ulo no sangue aquel pensamento fatal Algo vai medrar aquí Temo que me poida oír
8.
Fenrir 02:48
Non hai outra forma de vencer A unha besta que unha mesma pareu Que amarrala no entender Cunha cadea de fe Feita co alento dos peixes Co ruído dun gato ao pasar Coas raíces das pedras, coas barbas das femias Cos tendóns dun oso, co cuspe dun pardal Mais o día está a chegar E a cadea de mentiras ha quebrar Nunca un lobo vai caer Nunha trampa de deus
9.
E cando un sinte ser o ser máis feble é doado dar cun don por desesperación E arrincar tras doutro ser deixando ir a enerxía é unha osadía, non é boa de entender Penso seguir ata dar con el e que a locura poida coa razón Ser un tolo correndo no mundo cruel, pór o sangue nunha dirección Preciso da maxia do corazón e entregar algo meu interior Todo a cambio da súa respiración, vida e morte son a mesma cor E o que sexa que eu dou, coa suor sairá E onde sexa que eu vou, alí a morte bailará E cando un sinte ser o ser máis forte xa vén dado converter o don en maldición

about

Gravado na lareira de Chamuín en 2015.

credits

released January 11, 2016

Fununcan son Pi e Xan. Colaboracións: Iván Guanchankein (guitarra en 'Algo vai medrar') e Debo (pandeireta en 'Somentes os cans'). Foto da portada: extraída do filme 'Fétiche Mascotte', de Vladislav Starevich, 1934.

license

tags

about

Fununcan A Coruña, Spain

Repinaldos sonoros desde Chamuín

contact / help

Contact Fununcan

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this album or account

If you like Fununcan, you may also like: