We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Fununcan 2016

by Fununcan

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Creo que podo ser eu Se non son quen de recoñecer Un corpo pintado de cor Nin o baile que lle envolve os pés Creo que podo ser eu Mentres non chego a comprender Nada do que están a cantar Estranas caras cubertas de lá Mais dubido que poida ser eu Cando vexo bágoas que eu non chorei Sei que non podo ser eu Porque a beleza ao me recoñecer Comeza a tremer E agora ao despertar Unha idea comeza a medrar Creo que puiden ser eu Quen fixo a beleza desaparecer Médrame o deserto na man Cando non son quen de soñar Un río de dor, eu son un río de dor Eu son bágoas e suor O mellor que vin foi o que destruín E vén todas as noites canda min
2.
Nacen no tempo, medran en nós Sorte de quen é quen de velas chegar (Ques e porqués, candos e comos) Semellan precisas, mais todas non Sorte de quen é quen de diferenciar Pingas enchendo un lago interior Sorte de quen é quen de se baleirar Cando xa non quitan e xa non dan Pobre de quen as deixe acomodar Dar coa palabra, atar os silencios Sorte de quen é quen de respostar Ques e porques, candos e comos Quen, onde, de quen Cal leva o mal? Heino saber ao chegar ao Baikal Heino de ver no fondo do Baikal Para chegar aló embaixo Hai que deixalo todo atrás
3.
O mar en min 03:05
Un mar en min entrou
4.
Toda esa xente Que busca as palabras Saltando na punta dos pés Namorados que cada mañá Cadran os pasos Danlle as cóstas á luz e camiñan E as que contan as historias Dese xeito tan mainiño Que fan medrar os corazóns de quen as escoita Tolos que visten Vellas paredes Coa tenrura que alí se agochou As que ulen o medo na man Propia ou allea Berran máis fondo ca el e seca E os que escoitan o pasado Para aprender ben o camiño E non perder o saber no tempo dos tolos Hei de crer en nós cando nós creamos neles
5.
E se dis que é correcto Que todo o que vive naceu nunha poza Daquela ese corvo que chía no medio do monte xa foi Verme na terra, ou lobo, ou flor dunha noite E hoxe cántalle ao neno que a cortou ao mencer E se podes contar A materia escura que nunca se ve Tamén ha de haber algún fío invisible que une ás persoas E as ata ou afoga, depende para que Un fío infiable máis que fiable E se teño que crer Que todo estoupou desde o medio da nada Tamén pode ser que un ourizo xigante creara as estrelas A base de golpes nun ovo sen nai Pan-ku Por que non había de ser? Por que non había de crer? Non era sen tempo que o mar tirara todo canto levamos feito. Creo no machete cósmico Creo nas serpes de dúas cabezas Creo nas deusas e bruxas Nos monstros de area E no home do saco Creo no demo Creo no medo Creo nun mundo cuberto de xeo Creo no lume todopoderoso Creo nun cervo austral Creo na culpa dos soños E na pedra mazafacha Creo no fondo do lago Baikal Creo na danza dos mortos Creo que veño de ser un can
6.
Non podo devolverlle a calor ao sol Nin guiar cara a ningures a estrela polar Non podo pórlle luz á cara escura da lúa Non podo encollerlle o corazón a un trebón Nin pór no fuciño do vento un olor Non podo ir bater na pel dunha pinga de auga Non podo facer máis que tentar cantarlle á dor Non podo facer máis que cantar e agardar Que algún paxaro, por riba miña, lle poña luz Sombra de abeneiro eu son
7.
Perdín a vista querida Apagouse a miña vela Para min sempre é de noite Váiame a Magdalena Perdín a vista querida A prenda que máis valía Non me queda que perder Ata que perda a vida Vou gañando o meu panciño Facendo mofa de min As miñas bágoas por viño Miña dor por violín Veñan señores e escoiten Farei que esquezan as bágoas Seilles os cantos mellores E as historias máis estranas Como sen saber que como E ata non son reparada Que a miña fame non cómpre Distinguir o bo do malo Morrerei calquera noite Na miña noite máis clara Quizais no cumio dun monte Os corvos faranme a cama
8.
Centos de corvos chegan voando O que deles chegue primeiro Gaña o dereito a marchar cun ollo teu Todo o teu corpo untado de leite e mel Teñen ou non teñen dereito As formigas a paparte enteiro? Chegan as hienas, todas elas rin Deron cun ser ben putrefacto Teñen dereito a darse un festín Que gran cerebro, que gran cerebro! Millóns de vermes poderían vivir nel É o único xeito de sacarlle proveito
9.
Viche no frío un brillo cara a onde camiñar E atopache na noite un oco onde te soterrar Mais non está baleiro, nada está baleiro Outros animais fuxindo de nós xa foran primeiro E eu busquei Ser a auga que Cando o río medra Xa non volve a el Tamén tentei Ser a folla que Cando o vento bate nela Con el baila ata caer Pero ti e máis eu Somos a razón O que bota o río fóra O que parte todo en dous
10.
Vivmos Como a leña no medio do lume Non pedimos para vir Nin podemos pedir para quedar Mais podemos convidar Aos demais a pasar A ser charamuscas ou fume E unha vez dentro E obrigados a actuar Cada quen atopa o seu xeito E hai Quen chega co mar metido dentro Convencido De que nada o vai poder queimar E hai Quen cre billar dentro do lume E pensa Que toda esa luz é cousa del E hai quen busca Nada máis que arder Para parar canto antes De darlle ao monstro de comer Como se fora morrer antes.

about

Gravado na lareira de Chamuín entre finais de 2016 e comezos de 2017.

credits

released March 31, 2017

FUNUNCAN somos Pi e Xan.

Todas as cancións son de FUNUNCAN agás ‘Veñan señores e escoiten’, unha adaptación dun cantar de cego.

Colaboracións: Silvis Perennis (trompeta en ‘Quen, onde, de quen?’), Iván Guanchankein (guitarra en ‘Veñan señores e escoiten’) e o Coro de Paxaros Chamuinitas (voces en ‘Sombra de abeneiro’).

Agradecementos: José Iglesias Fernández, por achegarnos á cega de Aciveiro; Jaime Álvarez Zapata, polas súas ideas en ‘O mellor que vin’.

Este disco non sería posible sen o mecenado material e intelectual de Álex da Carreira.

license

tags

about

Fununcan A Coruña, Spain

Repinaldos sonoros desde Chamuín

contact / help

Contact Fununcan

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this album or account

If you like Fununcan, you may also like: