We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Fununcan 2013

by Fununcan

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Un home tolo, que siempre está solo no medio da xente, de volta de todo. Unha mentira, outra bala perdida. Un saco de plomo, buscando na auga o seu único acougo. Un home tolo, o futuro bebía dunha copa vacía. E cando caias polo mundo abaixo, e cando arroles non te has querer tanto. Quen quere ser coma ti, unha estampa feliz, unha tenia que aniña no fondo da mente que nunca rebenta e se envolve en si?
2.
Un ano máis 04:20
As árbores espidas, o coche frío, a auga e a noite pecha de decembro. Cara ás mañás xiadas, as follas que agroman, os días máis e máis longos. Logo as flores das cerdeiras, a herba medrada e o lombo quencido polo sol de abril. No verán, a ventá baixa e o brazo rendido á luz. A roupa escasa, os días de praia, as primeras noites de setembro. As festas na vila, o magosto na Pena e outra vez decembro, a auga, o frío e a noite pecha. O tempo é unha roda, e nós somos os lixos, pedriñas que atopa no seu camiño. Algunhas escachan, a outras esmágaas, pero outras aguantan. E viran, e viran, e viran, e viran, e viran, e viran... e agardan caer.
3.
Crío flores na cabeza cada vez que podo pensar. Van medrando do revés. Síntoas baixar pola gorxa e como agroman no peito. As cores danme pulos, mais as raíces se enlean no cerebro e non me deixan crear. E o tempo escorre, e coa beleza medra a culpa en min. E xa non quedan flores, nin cor nin vontade.
4.
Astrocan 03:26
Marcho na busca de espazo, dun lugar para nadar. Quero verlle as vetas á terra, penso aprender a olvidar. Desde o lado escuro nunca sei onde estás. Xa non vexo a herba, nin o mar. Xa se acaban os días, comeza outro contar. Aquí non hai onde marchar. Vivo nun manto negro de estrelas e de paz. Todo o que existe me rodea e nada me pode tocar. Unha parte de min só quere flotar. Xa se intúe Europa, o xeo parece o final. Fiquei solo co planeta, agora voume entregar. En que lúa hei de quedar?
5.
Semellaba outra maña, pero esta era diferente. Coa tristura foi da man devolver unha semente. Cantarlle un romance a quen a escuras llo cantara a el, na súa noite máis clara xa os corvos fixeron a cama. E ti que botaches o río a andar, nós agora aquí diante podemos nadar. Viaxa tranquila, viaxa da man, viaxa entre coplas con teu irmán
6.
O tempo nun 04:59
Moito tempo ten que pasar antes de ser eu quen de gastar ese tempo en min moito ten que cambiar antes de ser eu quen de gastalo en min
7.
Longa viaxe a contratempo, botarlle un pulso ao esquecemento. Onde estás? De cando en cando todo sabe a fresco. De cando en cando, cando alguén está atento. Mi otro yo xa non son eu. Grata compaña, compañeiro silencio. Grata compaña, fai un bo lienzo. Pregunto e respondo, e poño e quito, e logo marcho, e logo volvo, e perdo e busco. As miñas mans sempre debuxan o verán onde non quixen estar. Lévame lonxe, lonxe a algún lugar onde non teña nada que lembrar. Lévame lonxe, lonxe a algún lugar onde non teña nada que pensar
8.
Flores 02:23
Ules ese fume? Algo está a nacer. E canto máis se queime, mellor se vai ver. Curioso mecanismo, aprendido ben, envolve todo en merda e as flores danse. Ules ese medo? Estás envolto nel. Ules ese medo? O que sabes, díxocho el.
9.
Debaixo da manta, calor no espello, xoguete escuro agora é imaxinación. Vinte de lado, agora de frente, no centro un espello e ata el transparente. Un eterno motor do corazón espalla no tempo cinza. Sangue no alento, vermes no peito, claro e evidente semellaba selo eu. Teño un debuxo pisándolle aquel outro que fixera alguén. Reflexos

about

Fununcan son:
Pi (voces, baixo, batería, teclados, trompeta) e Xan (voces, guitarra, trombón, xilófono, whistle)
Colaboracións:
Alex da carreira, voces en "Flores na cabeza" e Debo e Miguel de Bordel, voces en "A noite máis clara"
gravado na lareira de Chamuin en 2013

credits

released January 12, 2014

license

tags

about

Fununcan A Coruña, Spain

Repinaldos sonoros desde Chamuín

contact / help

Contact Fununcan

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this album or account

If you like Fununcan, you may also like: