1. |
Fume
04:36
|
|
||
Hai entre nós fume de máis
Queimamos a voz, queimamos palabras
Queimamos a cor e as vidas pasadas
Se ti es o aire que entra en min
Eu son o aire que entra en ti
Onde vai que o fume vai e vén
Afeito estou
En min non busques nada máis
Que a queixa que teño das demáis
Vou a probar a tirarme ao chan
A ser unha serpe lambendo no sal
Quero volver a sentirme un can
Fregarme de costas co que cheire máis
Mesmo quero cantar
E deixarme levar
Só quero fuxir un anaco de min
Quero sentirme lonxe
Non, doado non é
Estou perdido e seino ben (doado non é)
Vexo sinais en todas partes (doado non é)
E aquí me tes buscando que? (doado non é)
Igual vai ser que traio algo (doado non é)
Busco o barullo nun deserto (doado non é)
Traio silencio e son cemento (doado non é)
E quen escapa de si mesmo? (doado non é)
|
||||
2. |
Voute pisar
02:55
|
|
||
Non son quen de parar de dar voltas
Non son quen de aguantarche o mirar
Vés, vés mover os pés comigo
Voute pisar
E ao bailar na alfombra podo verche a pel
Voume dando conta do grande que podes ser
Dáme gana de correr
De que vexas cantas formas podo ter
Dáme gana
Dáme gana de correr
De que vexas cantas formas podo ter
Dáme gana
Ven a noite como presta ser Ninguén
Vés, vés mover os pés comigo
E eu voute pisar
|
||||
3. |
Fiódor
04:02
|
|
||
E se nese mundo futuro
universalmente racional,
un home de pinta innoble,
retranqueiro e retrógrado,
se erguese de súpeto,
se plantara diante de nós
e nos dixera a todos
Bueno, señores,
que lles parece botarmos abaixo o sentido común
E mandar ao carallo os logaritmos eses?
A ver,
millóns de datos
testemuñan
que o home,
con coñecemento de causa,
sabendo plenamente cales son
os seus propios intereses,
pasou deles
e foise a outra
polo risco, pola sorte, sen obrigas,
por non seguir o camiño sinalado,
e probar e probar e probar
e probar outro
máis absurdo e cansado,
agochado na sombra?
Que sabe a razón?
a razón só sabe o que chega a saber,
e hai cousas que nunca vai saber, ou que?
A natureza humana
actúa sempre como un todo,
con todo aquilo que leva en si,
consciente e inconscientemente,
e inda que bota por fóra,
malia todo, vive
Estou case segura
ninguén vai renunciar a sufrir
|
||||
4. |
Miña amigha
05:07
|
|
||
Miña amiga, onde estás?
Onde andades as que non sabedes odiar
Miña amiga, chama por min
Prometo aprender a non pisar a ninguén
E a matar e a morrer
Miña amiga tamén
Prometo aprender a mirar
Como mira o mar
E ti dime que fas para deixar atrás
Todo este engano que levo colgado
E ti dime que fas para deixar atrás
Todo este engano que levo colgado
Ensíname a mirar como mira o mar
Ensíname a mirar
Miña amiga
Aprendín a facer nos enganos
Aprendín a levalos colgados
|
||||
5. |
Cantan corvos
03:28
|
|
||
Xa o rego é fondo abondo,
Non deixa entrar o luar
E se o luar non entra,
Como poden namorar?
Aínda lembran a luz
E vanse deitar ao chegar a mañá
E apañan a froita caída no chan
Un labirinto de riba de si
Non poden chegar e non poden saír
Máquinas e ruído
Seres a berrar
Seres a berrar,
Como nos van oír cantar?
Xa non precisan nosa para bailar
Xa non precisan nosa para cantar
E vanse deitar ao chegar a mañá
E apañan a froita caída no chan
Un labirinto de riba de si
Non poden chegar e non poden saír
E perderon as ganas todas de achegarse a nós
Maxinan nun mundo novo, non collemos nós os dous
Xa o pintaron todo, xa anduveron nos caixóns
Moito tarda mamá
En mandalos parar
Que se vaian deitar ao chegar a mañá
Que apañen a froita caída no chan
E porlles un labirinto de riba de si
Que non poidan chegar e non poidan saír
|
||||
6. |
|
|||
Fumos da man
Á beira do mar
Dixécheme, a ver
Ti cres que esta area ten queixa de nós por estarmos aquí?
Cres que esta area ten morriña da rocha que agora non é?
Ou cres que esta area ten envexa das súas iguais que seguen en pé?
Eu dixen non sei
E se dalgo estou seguro é de que nunca o vou saber
Dubido de min,
Dubido de ti
Non dubido da rocha, nin da area, nin do mar
Fumos da man
Á beira do mar
Dixécheme, a ver
Daquela ti cres que o mar escolle o lugar onde quere bater?
Daquela ti cres que o mar vai derrubar o que precisa caer?
Daquela ti pensas no mar como un xeito perfecto e fermoso de ser?
Eu dixen pode ser
E se dalgo estou seguro é de que nunca o vou saber
Dubido de
Dubido de ti
Non dubido da rocha, nin da area, nin do mar
|
||||
7. |
|
|||
E se canta o corvo, e non había cantare eu
E se morre a noite, e non había morrere eu
E se o trebón acouga, e non había acougare eu
E se o chan acorda, e non había acordare eu
Quen son
E se o sol quenta todo, e non me había quentare a min?
E se o sol quenta todo, e non me había quentare a min?
Ai, que frío vai
Ha de ser todo ese saber que levo dentro
Ha de ser vento batendo en si mesmo
Ha de ser todo ese saber que levo dentro
Un cinto de pedra amarrado en si mesmo
Ha de ser todo ese saber que levo dentro
Pel para quentar unha árbore morta
Pel para quentar unha árbore morta
E se canta o corvo, e non había cantare eu
E se morre a noite, e non había morrere eu
E se o trebón acouga, por que non son quen a acougare eu
E se o chan acorda, por que non son quen a acordare eu
Pel para quentar unha árbore morta
Pel para quentar unha árbore morta
E se canta o corvo, e non había cantare eu
E se gaña a morte, e non había cantare eu
E se o chan non acorda, e non había cantare eu
E se o trebón non acouga, e non había cantare eu
E non había cantare eu, non había cantare
E non había cantare eu, non había cantare
E non había cantare eu, non había cantare
|
||||
8. |
Rotación
03:31
|
|
||
Estou flotando nunha piscina de brea
Boca arriba
Fago a morta
O corpo ofrecido ao futuro
Aberto, disposto, entregado a cada vértice
Sobre min, só azul
Maréome
Concéntrome en presentir a corrente
Que me leve a bater con algo
Mais só percibo unha suave rotación
E que o negrume empeza a entrarme nos oídos
|
||||
9. |
|
|||
A noite está morrendo
Nen terra nen raíces teño xa no peito
Nada vai medrar en min
Teño un mapa feito
Para lembarme de onde veño
Tempo hai que non entendo nada do que teño posto aí
Un recordo teño claro
Cada día florecía
Unha árbore morta
Vou
Dime que ves saír agora do meu corpo
Dime que ves na cara dese monstro que está a bailar na alfombra
Ese monstro que se envolve na súa sombra
Ese monstro é quen de aguantarlle o mirar ao sol
Ese monstro é quen de empurrar o tempo atrás
Eu tamén quero un atallo para ir cantar ao teu lado
Chega un novo día
E agora xa non podo desandar o andado
E todo está pechado para min
E nunca teño claro
De que lado estou varado
Non distingo nada ben odio e fe
A noite xa vai vindo
Xa agromou o amor no odio
Xa o rancor florece na fe
Nada, nada vai medrar en min
|
||||
10. |
|
|||
Erga a cabeza e deixe de mirar os pés
Que máis ten onde os ten?
Logo se ha de marear
Erga a cabeza e deixe de mirar os pés
Que máis ten onde os ten?
Non ve que está quedando atrás?
Debería morrer
Ninguén quere o seu saber
E mire que levaba unha partida exemplar
Non vaia estragala xusto agora ao final
Non,
Máis amodo non vai
Xa o debería saber, ou non lembra vostede o que gustaba de correr?
Sempre foi o mellor en non agardar por ninguén
Así que non, agora non pare, non chore
Non,
Máis amodo non vai ir
|
Streaming and Download help
If you like Fununcan, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp