We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Fununcan 2012

by Fununcan

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Era perfecto 03:47
ERA PERFECTO Como pode ser Que os camiños dos que fuxo Diante miña volvan aparecer? Como pode ser Que morra por caer Dende o alto da montaña Que sempre dixen non facer? Como pode ser Que os sorrisos morran antes Antes de chegar a ser? Como pode ser? Sen causa nin efecto Nin comezo nin final Non valía para nada Era perfecto Por que xogar? Árbore ou pedra Vou pechar os ollos A ver o que vexo A ver o que son Árbore ou pedra A ti non che chegan E a min danme envexa Calquera dos dous Por que xogar A perder ou gañar? Dabondo tiña antes Sen nada querer E sen pensar saber Dabondo tiña antes Do facer e querer De xogar a quitar De perder ou gañar Dabondo tiña antes Sen nada querer
2.
GÁRDALLAS BEN Gárdallas ben Que as palabras dese home brillan máis que o sol Escríbellas de xeito que Dentro de mil anos e dous mil han seguir crendo nel Gárdallas ben Gárdallas ben Que as palabras dese home valen para facer un Dios Minte tan ben Que ha nacer a xente gardando un anaco do corazón para el Gárdallas ben Vin polo aire, fun polo vento Pero iso agora que máis dá Millóns de cousas quedaron escritas E todas elas din ter a verdade
3.
BÚSCALLE O ENCANTO Colle, que has collere Cando vexas o seu manto Ti namentres dure mira o chan Búscalle o encanto E se cae, e sempre cae Moita máis gloria que pena Ese é o seu agasallo Ela garda o que doe tanto Ti, máis eu, máis todos nós Xa non temos corazón Ti, máis eu, máis todos nós Xa queimamos as entrañas Ti, máis eu, máis todos nós Xogamos á razón Ti, máis eu, máis todos nós Que ben xuntamos as palabras Colle, que has collere Cando vexas o seu manto E se cae, que sempre cae, Por que merda doe tanto? Ela ve os sinais e bate no chan Como un can ule no vento Aínda sinte por dentro Aínda é un animal Para ela a morte non é o peor mal Para ti, para min e para todos nós Nunca haberá un bo final Ela sabe voar en todas direccións Sen baleirarse por dentro Ela ve os sinais e bate no chan Coma un can ule no vento Aínda sinte por dentro Aínda é un animal Para ela a morte non é o peor mal
4.
LÚA NON TOCAR! Por que chora, señora Non lle gusta a lúa Ou é que bota en falta O sol? Gusta, neniño Non ha gustar E ti preguntas Pero outros non Disque non sabían vivir A vida pouco a pouco Disque non lles gustaba O silencio nin escoitar Disque a terra para eles Non era dabondo Dabondo non era Que á lúa foron molestar Así xogan os máis Pirados do mundo Saltándose as luces Dos demais E se falan as pedras E voan os peixes Por que non plantar Algún ser humán? Caia o ceo e se prema Nas súas cabezas Eu o teño claro A lúa é "Non tocar!"
5.
Implosión 03:55
IMPLOSIÓN As sombras fuxiron coa noite A noite morre ao saír o sol O sol afoga no mar cada día E o mar escorre entre a area Area que leva o vento E así fun quedando baleiro Deixeime levar polo vento Enchéndome o peito de terra Enchendo a boca con area Area que leva o vento E así ata quedarmos sós O planeta baleiro e nós Non hai nada debaixo dos pés Non hai nada debaixo dos pés Non hai nada Levouno o vento E así ata quedarmos sós
6.
A Fraga 01:36
A FRAGA Un cacho de nube Un pouco de fume O forno que sempre medra Polas mañás Un fuciño espetado No fondo da fraga Unha fenda no tempo Unha viaxe espacial E aló arriba Entre os penedos Aínda baila Unha espiral A praia tendida A vida durmida Á sombra de agosto A montaña falou Apañar o negrume Nos lindes da terra E mirar darredor E berrar nunca máis! E aló arriba Entre os penedos Aínda baila Unha espiral Unha casa colgada Con muíños agochaba Unha meiga que peina As nubes que suben do mar Unha pena deitada Para bailar enriba dela
7.
É OU NON É? Todo isto que Me esbara pola cara É ou non é poder? O xeito de escoller As formas a mirada É ou non é poder? E a maxia dalgún Xogando coas palabras E a teima doutro De envolver o son con elas É ou non é poder?
8.
E CADA QUEN DE SI MESMO Chegados a este punto, De preguntamos que carallo facemos aquí Uns lonxe, outros tan cerca E cada quen de si mesmo Fomos nós, ou os demais O que está claro é que ninguén É quen de dar un paso máis Nin cara adiante, nin cara atrás Non hai constante Será unha flor, será un fusil Será un antergo, será algo eterno Será no mar, será un demais Será un papel que move o vento O que lle diga a cada quen O que sacar ou meterse dentro Pasados xa ese punto Fomos collendo e fomos soltando Fomos roubando e agasallando Fomos bailando e tropezando Pero dun intre para outro Todos queremos o mesmo soño Xa non bailamos nin tropezamos Xa non roubamos nin agasallamos Xa non ficamos nin nos movemos Non entendemos Só cremos ou non E cada quen en si mesmo
9.
Cham.1 03:42
10.
UN GRAN MURO VERDE Un gran muro verde Garda os anos do granito Da súa man Esquecido de sempre Recordoulle agora A algún humán Por algún lado entrou Alí pechado para sempre Desexando, ou non, xogar Coa razón Agasallo da mente Mentres o seu sangue Se mestura co radón Por algún lado entrou Sinxelamente, esta é a fin
11.
Manifesto 02:53
MANIFESTO Eu romeu deemso me trivi vrevas non rupé Reesumse mueudot oda lna chodnigrüp Am odola siamat arboiza thibar seenden Am anuidssó tussna liabrese nai cuió-fikussé Nainamaru pazgu aessó avelo irronin Lau giea daunacu need ep dhudo jíkatrüp Rerrom rro pattan meardem neemá teeddá veasje Nuenuse uquunadni quat trzead niannose

credits

released January 4, 2013

Gravado na lareira de Chamuín en 2012

XAN: voz, guitarra, batería, xilófono | PI: baixo, teclado, percusión

Descarga tamén en: www.fununcan.com/descargas/FUNUNCAN2012.zip

license

tags

about

Fununcan A Coruña, Spain

Repinaldos sonoros desde Chamuín

contact / help

Contact Fununcan

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this album or account

If you like Fununcan, you may also like: