We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Fununcan 2011

by Fununcan

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
ABOFÉ QUE SI Por que mirarei así? Coma se algo que fora verdade fora saír de min Por que deixarei ir? En forma de palabra o que non sei dicir Como coño vou deixar algo así aquí? Se a este lugar calquera pode chegar Só cos anos fun quen de facelo así E a miña dúbida segue aí, abofé que si Non hai máis que verte a ti
2.
Pasatempo 02:32
PASATEMPO E pasa o tempo Que non acouga E o frío en ti xa ten o sitio feito E pasa o tempo, que non acouga E o frío en ti xa ten o sitio feito E así calquera cousa pode dar calor Pero logo se enfría e se converte en dor Coma se foras o único raño do mundo Que ve unha cor, e está no seu corazón E pasa o tempo Que non acouga Quedou algo entre ti e o sol Que non che deixa ver E agora xa non te atreves Xa nunca queres buscar luz
3.
BÚSCASE UN OURIZO Búscase un ourizo que guste de camiñar Un orballo manda o ceo, todo comeza a soar Ese hórreo sempre foi o mellor sitio para escoitar Esa música mainiña bebe da tranquilidade Unha folla cun cativo xuntos collidos da man Pola beirarrúa algo andan a buscar Un cagacho no cemento, un cachiño de chan Non lles anda mal o instinto pero agora non está Buscaremos un camiño que nos leve volta atrás Amarrados, aburridos, dos anos da novidade Buscaremos o camiño pero o feito, feito está Sempre xunta dun amigo co que poder comprobar Que se eres bo coa fala te podes xustificar Pero a pedra vai na man
4.
Trebón 02:28
TREBÓN Descarga de enerxía Ollando unha estraña cor Punto de inflexión, non hai volta atrás Mudou o instinto Falou a pel Punto de inflexión, non hai volta atrás Primeira respiración, buscando un aire frío Vento que non parou dende que o é Se move para ti E para ninguén máis ca ti se move a enerxía Cara a ese momento, cara a ese lugar Ollos curiosos, verbas esquivas Corpos virados diante dun alma espida
5.
E PEDIR PERDÓN Sei que aínda hai Ourizos que pensan que agochadiños nada lles pode pasar Sei que aínda hai Aló no monte lobos que queren bailar, e sei Que ao seu carón Poño mil trampas para poder despois pedir perdón Sei que veñen a xogar Sei que veñen a xogar Que se voan tan cerquiña é por se teño algo que contar Non teño nada que contar Sei que aínda hai Esquíos que pensan que nese río eles tamén poden nadar Sei que aínda hai Aló no monte lobos que queren bailar, e sei Que ao seu carón Poño mil trampas para poder despois pedir perdón Sei que veñen a xogar Sei que aínda hai Seres da noite que queren bailar, e sei Que ao seu carón Poño mil focos para velos, matalos e pedir perdón
6.
O canmiño 02:53
O CANMIÑO Aí está outra vez, no branco dos ollos Un manto de xeo se achega desde o fondo do meu ser Unha e outra vez correndo tras do sol Buscando que algo veña a derreter o meu corazón Aínda lembro como cheguei aquí Aínda lembro como fuxín de ti Como non se perder? A néboa son mentiras Cobre a viaxe dende o comezo ata o fin Fácil solución, camiño das estrelas Sen mirar para elas obra e gracia da tumba dun señor Aínda lembro como cheguei aquí Aínda lembro como fuxín de ti E se cadra ti fai 12.000 anos que non vés por aquí
7.
OS CAMIÑOS DA VIDA Zoa o aire, faise vento tras dun cabalo na serra azul Amolecen as Mariñas, soa o tempo que tapa a luz Un burato na conciencia, unha couce no peito dun Que veña o demo me leve, que me leve ao que fun Botarse ao monte e deixalo atrás Corre cabalo, hai moito que desandar Son os camiños da vida, revirados como os dedos das mans Apretei dúas pedras que xa antes apretara meu irmán Cae a noite no camposanto, dous xinetes acordan nun Reza o novo, chora o vello. Aínda a herba cheira a fusil Cabaleiros da tristura, ide mallar o mundo! Que veña o demo e me leve, que me leve ao que fun Agora o vello faise novo e chora e o novo faise maior Son os camiños da vida, revirados como os dedos das mans Apretei dúas pedras que xa antes apretara meu irmán Ser dono doutro tempo, cabalgar o entedemento Fuxir e quedar, berrar e calar
8.
QUEDEI SEN VONTADE Deixa aquí o que queiras se vas a saír E ten conta da luz antes de nos pechar Que xa cando entraches se foi a metade E se marcha esta outra, quedei sen vontade Quedei sen vontade… E teño que ir tras dela pagar esa pena E voltar a chorar a esta miña cadea Esperar que unha bágoa se faga verdadeira
9.
Odio e fe 02:30
ODIO E FE Se algún aínda anda sen medo Igual élle moito mellor irse achegando Un pouquiño a el Se algún o ten tan claro E sabe cara a onde lle van os pés Que saiba que non vai volver Quen será o do berro? Ficará aquí solo Quen tiña tan claro Que detrás había ouro? Se algún non ten reparo E fai da vida un movefichas O taboleiro xa lle empeza a arder E se algún aínda vive Coa tranquilidade da nada Pois de fume se lle empeza a encher Quen será o do berro? Agora dáse de conta Todo estaba enfeitizado E gustaba máis da conta Odio e fe
10.
Blue Henri 02:35
BLUE HENRI Eres una bomba de fusión de hidrógeno Un huracán de fuerza siete Eres el diluvio universal Schwarzenegger en Depredador Eres la riada que todo lo arrastra Un tsunami a flor de piel Una garrapata pegada a un cojón Angela Chaning en Falcon Crest Henri… ¿Por qué eres así? Eres malo, malo, malo, malo de verdad Ay, con los invitados Rayas las extravagancia Ay, es que tú… ¡Eres más malo que George Bush!
11.
Non son quen 03:05
NON SON QUEN Baila nogueira diante do sol Levando as follas cara a un disfraz Xa o vexo enteiro, é tan fugaz Como lembrar, como chegar? Debuxo un soño diante de min Deixando todo canto son capaz Follas, un mástil e o meu antifaz Eu non son quen, a velo ben Como lembrar, como chegar? Se non hai ese lugar

credits

released January 1, 2012

Gravado na lareira de Chamuín en 2011
XAN: voz, guitarra e batería | PI: baixo | DANI: wisgot en ‘Búscase un ourizo’

Descarga tamén en: www.fununcan.com/descargas/FUNUNCAN2011.zip

license

tags

about

Fununcan A Coruña, Spain

Repinaldos sonoros desde Chamuín

contact / help

Contact Fununcan

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this album or account

If you like Fununcan, you may also like: