Fununcan 2014

by Fununcan

/
  •  

  • Compact Disc (CD)

    Editado en sobre de cartón. Letras incluídas

    Includes unlimited streaming of Fununcan 2014 via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 4 days

     €5 EUR

     

1.
2.
3.
02:48
4.
05:17
5.
6.
03:30
7.
04:36
8.
04:51
9.
04:25

about

Gravado na lareira de Chamuín en 2014.

credits

released January 7, 2015

Fununcan son Pi e Xan.

PI: voces, guitarra, batería, trompeta | XAN: voces, guitarra, batería, trompeta, teclado, baixo, xilófono | COLABORACIÓNS: Iván Guanchankei (guitarra en ‘Agora aquí!’) e Miguel de Bordel (voces en ‘Monstros’).

Foto da portada: Victor Prout?, 1860

fununcan.com

tags

license

feeds

feeds for this album, this artist

about

Fununcan A Coruña, Spain

Repinaldos sonoros desde Chamuín

contact / help

Contact Fununcan

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Track Name: Quixera sentir así
Tentas chegar ao lugar onde os soños e mailos feitos xuntan a man
E pensas que vas ser quen de esquecer os pesadelos
Que iluso es

Apretas a ialma ao saltar, ela sabe que de ti non pode tremar
Esqueces unha e outra vez as toradas que puxeche
Debaixo dos pés

E sen chegalo a tocar esnaquizas o futuro, estalo a buscar
Que fácil é de perder, mais o alento que precisas
Volve outra vez

Eu quixera sentirme así
Track Name: O caos ha volver
Unha folla en branco buscando pisar o chan
Amarrada en globos, xa lles é moita hora de estoupar
E non queda outra que deixar de flotar
Teño o corpo afeito á ingravidade total

Coller aire abondo debería chegar en calquera lugar
E os paxaros cantan, non hai sitio mellor para aterrar
E non queda outra que darlle forma ás cousas
Ese foi o primeiro e será o derradeiro patrón

E aínda que semella que o camiño chegou ata o final
É coma se agora non houbese comezos nin finais
E non queda outra que darlle tempo ao tempo
Esquecer, renacer e morrer... O caos ha volver
Track Name: Agora aquí!
Aínda hei afogar no mar, de tanto nadar
A razón perdeuse a canda min
Entre un monte de area, un cagacho no chan

Se busco non vexo a fin, non podo saír
Quixera entender o que pasa agora aquí
Pero está fóra de min, está fóra de min

O mar, o horizonte e o que máis alá
Milenios de historia e aínda hai mañá
Non queda sitio, non dou co momento de andar

Cadeas de átomos, cuspe na man
Do froito caído, semente no chan
Non ten sentido que eu veña gobernar

As cousas que arden e as que hei de queimar
As malas noticias e a miña verdade
Non pode ser que dean igual
As cousas que arden cás que hei de queimar
Track Name: Non son can
Eu quixera ser un can
E usar o meu fuciño para saber o que hei buscar
Mais eu non son un can e uso o meu fuciño para ulir o mal

Árbore quixera ser
E coller forza coas raíces pra ser quen de ir tras do sol
Mais árbore non son, pudriron as raíces e eu xa non gusto do sol
E tocoume ser humán
E só con respirar debería ser dabondo para buscar

Mais o que busco eu
É semellarme a un deus
E como fai un nubarrón, absorbo canto teño ao meu carón
Track Name: Asexando dende beira
Os tempos moldean calquera destino
Mesmo cambian o ritmo daqueles sentidos
Que marcan os sons do corazón
E o latexo en calquera función

Pero aí seguen agochados os camiños
Para dar os pasos, ou non dalos, ou dalos mainiños
Buscando a compaña da manada ou da soidade

Pero aí seguen agochados os camiños
Onde cada lobo atopará a súa verdade
Na ringleira ou asexando dende a beira

E aí seguen agochados os camiños

E aínda hai quen se cre quen de escoller ben
Track Name: Thylacinus
Aí ao noso carón o tempo foise ao chan
E unha vez en pé tamén ergueu as mans

Buscou nalguén os ollos cos que poder falar
Buscou algo nos ollos onde poder berrar

Un tilacino a modo achegouse a el
E moi mainiño lambeulle os pés

Cadraron os seus ollos para nas bágoas nadar
Cadraron os seus ollos para xuntos berrar

Aquí me tedes se queredes parar
Aquí me tedes se aínda sabedes amar

Imos, é mellor deixalos atrás
Imos, é mellor que os trague o mar
Track Name: A fortuna é
A fortuna é
Cando un acaba de caer
Cadrar os pasos con alguén
E así coller os folgos
Para ser quen de volver correr

E a fortuna é
Que alguén busque a túa man
Sabendo que iso non che presta ben
E así sentir como a vontade
Aínda é quen de abrir ou de pechar

E a fortuna é
Cando un fai da vida xogo
Que o xogo non leve a gañar
E ser quen de non sentir estar por riba dos demais
Track Name: Monstros
E esa é a eterna xogada entre a luz e a nosa mirada
Para nos formas ficarmos atentos e nunca chegar a ollar o que hai dentro

Así e coma os monstros se alimentan de nós
É a falta de movemento o que nos deixa sen alento
Non é doada outra visión se o medo paraliza a imaxinación

Así é como a beleza se alimenta de nós
Track Name: Secar o mar
Levo un lume metido dentro
Mais non fun eu o que o encendeu
Prendido está e algunha luz dará
Será pra ver ou pra facerse ver?

Está en min e en min está
Darlle de comer ou deixalo morrer

E que problema hai, e digo
Que problema hai
En que eu deixe morrer o mar?

Como se alguén fora quen de algo así facer

Nunca un lume secou o mar
Nunca tan grande chegou a ser
Nunca antes fomos todos a darlle de comer