We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Cantan corvos

from Amigha by Fununcan

/
  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    CD do disco Amigha editado en sobre de cartón e fabricado na casa. Inclúe unhas chapiñas e pegatas de Fununcan.

    Includes unlimited streaming of Amigha via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 2 days
    Purchasable with gift card

      €10 EUR or more 

     

lyrics

Xa o rego é fondo abondo,
Non deixa entrar o luar
E se o luar non entra,
Como poden namorar?
Aínda lembran a luz

E vanse deitar ao chegar a mañá
E apañan a froita caída no chan
Un labirinto de riba de si
Non poden chegar e non poden saír

Máquinas e ruído
Seres a berrar
Seres a berrar,
Como nos van oír cantar?
Xa non precisan nosa para bailar
Xa non precisan nosa para cantar

E vanse deitar ao chegar a mañá
E apañan a froita caída no chan
Un labirinto de riba de si
Non poden chegar e non poden saír

E perderon as ganas todas de achegarse a nós
Maxinan nun mundo novo, non collemos nós os dous
Xa o pintaron todo, xa anduveron nos caixóns
Moito tarda mamá
En mandalos parar

Que se vaian deitar ao chegar a mañá
Que apañen a froita caída no chan
E porlles un labirinto de riba de si
Que non poidan chegar e non poidan saír

credits

from Amigha, released January 20, 2022

license

tags

about

Fununcan A Coruña, Spain

Repinaldos sonoros desde Chamuín

contact / help

Contact Fununcan

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this track or account

If you like Fununcan, you may also like: