1. |
O mellor que vin
05:48
|
|||
Creo que podo ser eu
Se non son quen de recoñecer
Un corpo pintado de cor
Nin o baile que lle envolve os pés
Creo que podo ser eu
Mentres non chego a comprender
Nada do que están a cantar
Estranas caras cubertas de lá
Mais dubido que poida ser eu
Cando vexo bágoas que eu non chorei
Sei que non podo ser eu
Porque a beleza ao me recoñecer
Comeza a tremer
E agora ao despertar
Unha idea comeza a medrar
Creo que puiden ser eu
Quen fixo a beleza desaparecer
Médrame o deserto na man
Cando non son quen de soñar
Un río de dor, eu son un río de dor
Eu son bágoas e suor
O mellor que vin foi o que destruín
E vén todas as noites canda min
|
||||
2. |
Quen, onde, de quen?
04:37
|
|||
Nacen no tempo, medran en nós
Sorte de quen é quen de velas chegar
(Ques e porqués, candos e comos)
Semellan precisas, mais todas non
Sorte de quen é quen de diferenciar
Pingas enchendo un lago interior
Sorte de quen é quen de se baleirar
Cando xa non quitan e xa non dan
Pobre de quen as deixe acomodar
Dar coa palabra, atar os silencios
Sorte de quen é quen de respostar
Ques e porques, candos e comos
Quen, onde, de quen
Cal leva o mal?
Heino saber ao chegar ao Baikal
Heino de ver no fondo do Baikal
Para chegar aló embaixo
Hai que deixalo todo atrás
|
||||
3. |
O mar en min
03:05
|
|||
Un mar en min entrou
|
||||
4. |
Cadran os pasos
05:12
|
|||
Toda esa xente
Que busca as palabras
Saltando na punta dos pés
Namorados que cada mañá
Cadran os pasos
Danlle as cóstas á luz e camiñan
E as que contan as historias
Dese xeito tan mainiño
Que fan medrar os corazóns de quen as escoita
Tolos que visten
Vellas paredes
Coa tenrura que alí se agochou
As que ulen o medo na man
Propia ou allea
Berran máis fondo ca el e seca
E os que escoitan o pasado
Para aprender ben o camiño
E non perder o saber no tempo dos tolos
Hei de crer en nós cando nós creamos neles
|
||||
5. |
||||
E se dis que é correcto
Que todo o que vive naceu nunha poza
Daquela ese corvo que chía no medio do monte xa foi
Verme na terra, ou lobo, ou flor dunha noite
E hoxe cántalle ao neno que a cortou ao mencer
E se podes contar
A materia escura que nunca se ve
Tamén ha de haber algún fío invisible que une ás persoas
E as ata ou afoga, depende para que
Un fío infiable máis que fiable
E se teño que crer
Que todo estoupou desde o medio da nada
Tamén pode ser que un ourizo xigante creara as estrelas
A base de golpes nun ovo sen nai
Pan-ku
Por que non había de ser?
Por que non había de crer?
Non era sen tempo que o mar tirara todo canto levamos feito.
Creo no machete cósmico
Creo nas serpes de dúas cabezas
Creo nas deusas e bruxas
Nos monstros de area
E no home do saco
Creo no demo
Creo no medo
Creo nun mundo cuberto de xeo
Creo no lume todopoderoso
Creo nun cervo austral
Creo na culpa dos soños
E na pedra mazafacha
Creo no fondo do lago Baikal
Creo na danza dos mortos
Creo que veño de ser un can
|
||||
6. |
Sombra de abeneiro
04:18
|
|||
Non podo devolverlle a calor ao sol
Nin guiar cara a ningures a estrela polar
Non podo pórlle luz á cara escura da lúa
Non podo encollerlle o corazón a un trebón
Nin pór no fuciño do vento un olor
Non podo ir bater na pel dunha pinga de auga
Non podo facer máis que tentar cantarlle á dor
Non podo facer máis que cantar e agardar
Que algún paxaro, por riba miña, lle poña luz
Sombra de abeneiro eu son
|
||||
7. |
Veñan señores e escoiten
03:04
|
|||
Perdín a vista querida
Apagouse a miña vela
Para min sempre é de noite
Váiame a Magdalena
Perdín a vista querida
A prenda que máis valía
Non me queda que perder
Ata que perda a vida
Vou gañando o meu panciño
Facendo mofa de min
As miñas bágoas por viño
Miña dor por violín
Veñan señores e escoiten
Farei que esquezan as bágoas
Seilles os cantos mellores
E as historias máis estranas
Como sen saber que como
E ata non son reparada
Que a miña fame non cómpre
Distinguir o bo do malo
Morrerei calquera noite
Na miña noite máis clara
Quizais no cumio dun monte
Os corvos faranme a cama
|
||||
8. |
||||
Centos de corvos chegan voando
O que deles chegue primeiro
Gaña o dereito a marchar cun ollo teu
Todo o teu corpo untado de leite e mel
Teñen ou non teñen dereito
As formigas a paparte enteiro?
Chegan as hienas, todas elas rin
Deron cun ser ben putrefacto
Teñen dereito a darse un festín
Que gran cerebro, que gran cerebro!
Millóns de vermes poderían vivir nel
É o único xeito de sacarlle proveito
|
||||
9. |
Ti e máis eu
05:24
|
|||
Viche no frío un brillo cara a onde camiñar
E atopache na noite un oco onde te soterrar
Mais non está baleiro, nada está baleiro
Outros animais fuxindo de nós xa foran primeiro
E eu busquei
Ser a auga que
Cando o río medra
Xa non volve a el
Tamén tentei
Ser a folla que
Cando o vento bate nela
Con el baila ata caer
Pero ti e máis eu
Somos a razón
O que bota o río fóra
O que parte todo en dous
|
||||
10. |
Obrigados a actuar
05:31
|
|||
Vivmos
Como a leña no medio do lume
Non pedimos para vir
Nin podemos pedir para quedar
Mais podemos convidar
Aos demais a pasar
A ser charamuscas ou fume
E unha vez dentro
E obrigados a actuar
Cada quen atopa o seu xeito
E hai
Quen chega co mar metido dentro
Convencido
De que nada o vai poder queimar
E hai
Quen cre billar dentro do lume
E pensa
Que toda esa luz é cousa del
E hai quen busca
Nada máis que arder
Para parar canto antes
De darlle ao monstro de comer
Como se fora morrer antes.
|
Streaming and Download help
If you like Fununcan, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp