We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Fununcan 2014

by Fununcan

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Tentas chegar ao lugar onde os soños e mailos feitos xuntan a man E pensas que vas ser quen de esquecer os pesadelos Que iluso es Apretas a ialma ao saltar, ela sabe que de ti non pode tremar Esqueces unha e outra vez as toradas que puxeche Debaixo dos pés E sen chegalo a tocar esnaquizas o futuro, estalo a buscar Que fácil é de perder, mais o alento que precisas Volve outra vez Eu quixera sentirme así
2.
Unha folla en branco buscando pisar o chan Amarrada en globos, xa lles é moita hora de estoupar E non queda outra que deixar de flotar Teño o corpo afeito á ingravidade total Coller aire abondo debería chegar en calquera lugar E os paxaros cantan, non hai sitio mellor para aterrar E non queda outra que darlle forma ás cousas Ese foi o primeiro e será o derradeiro patrón E aínda que semella que o camiño chegou ata o final É coma se agora non houbese comezos nin finais E non queda outra que darlle tempo ao tempo Esquecer, renacer e morrer... O caos ha volver
3.
Agora aquí! 02:48
Aínda hei afogar no mar, de tanto nadar A razón perdeuse a canda min Entre un monte de area, un cagacho no chan Se busco non vexo a fin, non podo saír Quixera entender o que pasa agora aquí Pero está fóra de min, está fóra de min O mar, o horizonte e o que máis alá Milenios de historia e aínda hai mañá Non queda sitio, non dou co momento de andar Cadeas de átomos, cuspe na man Do froito caído, semente no chan Non ten sentido que eu veña gobernar As cousas que arden e as que hei de queimar As malas noticias e a miña verdade Non pode ser que dean igual As cousas que arden cás que hei de queimar
4.
Non son can 05:17
Eu quixera ser un can E usar o meu fuciño para saber o que hei buscar Mais eu non son un can e uso o meu fuciño para ulir o mal Árbore quixera ser E coller forza coas raíces pra ser quen de ir tras do sol Mais árbore non son, pudriron as raíces e eu xa non gusto do sol E tocoume ser humán E só con respirar debería ser dabondo para buscar Mais o que busco eu É semellarme a un deus E como fai un nubarrón, absorbo canto teño ao meu carón
5.
Os tempos moldean calquera destino Mesmo cambian o ritmo daqueles sentidos Que marcan os sons do corazón E o latexo en calquera función Pero aí seguen agochados os camiños Para dar os pasos, ou non dalos, ou dalos mainiños Buscando a compaña da manada ou da soidade Pero aí seguen agochados os camiños Onde cada lobo atopará a súa verdade Na ringleira ou asexando dende a beira E aí seguen agochados os camiños E aínda hai quen se cre quen de escoller ben
6.
Thylacinus 03:30
Aí ao noso carón o tempo foise ao chan E unha vez en pé tamén ergueu as mans Buscou nalguén os ollos cos que poder falar Buscou algo nos ollos onde poder berrar Un tilacino a modo achegouse a el E moi mainiño lambeulle os pés Cadraron os seus ollos para nas bágoas nadar Cadraron os seus ollos para xuntos berrar Aquí me tedes se queredes parar Aquí me tedes se aínda sabedes amar Imos, é mellor deixalos atrás Imos, é mellor que os trague o mar
7.
A fortuna é 04:36
A fortuna é Cando un acaba de caer Cadrar os pasos con alguén E así coller os folgos Para ser quen de volver correr E a fortuna é Que alguén busque a túa man Sabendo que iso non che presta ben E así sentir como a vontade Aínda é quen de abrir ou de pechar E a fortuna é Cando un fai da vida xogo Que o xogo non leve a gañar E ser quen de non sentir estar por riba dos demais
8.
Monstros 04:51
E esa é a eterna xogada entre a luz e a nosa mirada Para nos formas ficarmos atentos e nunca chegar a ollar o que hai dentro Así e coma os monstros se alimentan de nós É a falta de movemento o que nos deixa sen alento Non é doada outra visión se o medo paraliza a imaxinación Así é como a beleza se alimenta de nós
9.
Secar o mar 04:25
Levo un lume metido dentro Mais non fun eu o que o encendeu Prendido está e algunha luz dará Será pra ver ou pra facerse ver? Está en min e en min está Darlle de comer ou deixalo morrer E que problema hai, e digo Que problema hai En que eu deixe morrer o mar? Como se alguén fora quen de algo así facer Nunca un lume secou o mar Nunca tan grande chegou a ser Nunca antes fomos todos a darlle de comer

about

Gravado na lareira de Chamuín en 2014.

credits

released January 7, 2015

Fununcan son Pi e Xan.

PI: voces, guitarra, batería, trompeta | XAN: voces, guitarra, batería, trompeta, teclado, baixo, xilófono | COLABORACIÓNS: Iván Guanchankei (guitarra en ‘Agora aquí!’) e Miguel de Bordel (voces en ‘Monstros’).

Foto da portada: Victor Prout?, 1860

fununcan.com

license

tags

about

Fununcan A Coruña, Spain

Repinaldos sonoros desde Chamuín

contact / help

Contact Fununcan

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this album or account

If you like Fununcan, you may also like: