As árbores espidas, o coche frío,
a auga e a noite pecha de decembro.
Cara ás mañás xiadas, as follas que agroman,
os días máis e máis longos.
Logo as flores das cerdeiras, a herba medrada
e o lombo quencido polo sol de abril.
No verán, a ventá baixa e o brazo rendido á luz.
A roupa escasa, os días de praia, as primeras noites de setembro.
As festas na vila, o magosto na Pena e outra vez decembro,
a auga, o frío e a noite pecha.
O tempo é unha roda, e nós somos os lixos,
pedriñas que atopa no seu camiño.
Algunhas escachan, a outras esmágaas, pero outras aguantan.
E viran, e viran, e viran, e viran, e viran, e viran... e agardan caer.
MMO game's transportive score marks yet another victory for composer Gareth Coker ("Ori and the Blind Forest," "Halo Infinite"). Bandcamp New & Notable Aug 16, 2023
As you might guess from the title, this is strange and eerie synth music meant to conjure a mystical film where all is not what it seems. Bandcamp New & Notable Aug 14, 2023